A acción municipal en cultura, deportes e xuventude na provincia da Coruña
Autor/es: Varios/as
Editorial: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA
Data Publicación: 2002
Referencia: AS-LOP-ACC
Idioma: Galego
Tipo: Libro
391 páx.
A
Excma. Deputación de A Coruña pretende ó desenvolvemento óptimo das
competencias municipais para que tódolos concellos da provincia poidan
estar en condicións de prestar servicios de calidade que teñan en conta,
tanto as demandas da cidadanía como as necesidades sociais detectadas.
Nesta perspectiva, o desenvolvemento cultural, a promoción do deporte e
as denominadas políticas de xuventude enténdense como áreas ou sectores
estratéxicos da acción municipal, sendo imprescindible un coñecemento
máis profundo do seu estado actual no ámbito territorial que compete a
esta Deputación coa finalidade de establecer liñas de actuación que
permitan innovar e mellorar a calidade dos servicios que actualmente se
prestan.
Para satisfacer esta aspiración, a Área de Cultura, Deporte e Xuventude
da Deputación Provincial asinou un Convenio de Colaboración coas
Universidades de Santiago de Compostela e A Coruña. O fin principal
deste Convenio era desenvolver un Estudio de carácter
avaliativo-diagnóstico que analizara a realidade do quefacer municipal
na provincia de A Coruña, tomando como obxecto de estudio as áreas ou
ámbitos xa mencionados da cultura, a xuventude e o deporte.
Por unha banda, trátase, tal e como figura no protocolo asinado, de
"acadar un coñecemento en profundidade das realidades anteriormente
citadas, que servirá de base para a planificación das actuacións" e,
pula outra, de xeito complementario, de establecer novas liñas
estratéxicas para orienta-lo labor da Deputación co fin de mellorar
tanto a súa política de apoio e asistencia ós municipios como as propias
realidades investigadas.