Caderno temático 4: Políticas culturais e creación artística a nivel local
Disponible

Caderno temático 4: Políticas culturais e creación artística a nivel local

Autor/es: HÉCTOR M. POSE E MANUEL P. RÚA (COORD.); RITA GRADAÍLLE PERNAS, ANXEL HUETE VALES, JESÚS IRISARRI CASTRO, BALDO MARTÍNEZ CAMPOY, PABLO MONTERO SOUTO, MANUEL F. VIEITES


Editorial: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA



Referencia: AS-0037

Idioma: Galego

Tipo: Libro


Categorías: Animación Sociocultural


Descripción / Más datos

Cos textos aquí reunidos pretendemos contribuír a mellorar os procedementos de reflexión da acción política local. Un exercicio de goberno que adoita estar dominado polo inmediato, a chamada tiranía do presente, mais tamén pola inercia administrativa, a desatención do matiz, a falla de proximidade nas políticas, a carencia da experimentación e a coraxe política por innovar, etc. Estimular a creatividade, a expresividade, a espontaneidade, a inventiva; o favorecer o desenvolvemento da capacidade de simbolización das persoas e das comunidades a través dos múltiples medios artísticos; a distensión por medio da contemplación ; a comunicación non só a través da palabra; o encontro con outros coas mesmas inquedanzas e incertezas; o por de manifesto as plusvalías dun patrimonio cultural herdado e actual..., son, con certeza, obxectivos que toda política cultural moderna debe procurar. Somos conscientes que ditas metas e contidos de programas, iniciativas e actividades dende as administracións locais non son o único e prioritario quefacer dos concellos. Insistimos unha e outra vez tanto na oportunidade de atender as carencias básicas da poboación en materia de acceso e protagonismo cultural como na defensa de consensuar liñas estratéxicas e compartir os esforzos e os recursos con aqueles outros axentes socioculturais que inciden nun mesmo territorio. De aí que convidaramos a diversos creadores a plasmar tanto os seus discursos, como as súas posturas e experiencias de interese ao respecto do tema tratado na elaboración do presente Caderno. Este convite ao diálogo entre diversos sectores sociais con interese na Administración Pública Local, ten como resultado visible disparidade de estilos, opinións e de posibilidades de ir a brindo illas de creatividade nos concellos dende o risco e a innovación política. Co mesmo compromiso co que defendemos e formulamos as nosas ideas dende o equipo científico interuniversitario, tratamos de ser consecuentes e favorecemos a expresión e a difusión doutras voces e protagonistas. Unha postura que cremos queda clara no desenvolvemento do proxecto interea dende o seu inicio. Unha primeira e ampla parte de aproximacións teóricas ao tema en cuestión dende o punto de vista de diversos autores que tenta amasar a pluralidade de enfoques sobre a creatividade e o apoio aos creadores. Posteriormente, preséntanse polo miúdo unha escolma de boas prácticas xa desenvolvidas por outras administracións públicas, entidades de base, institucións e empresas privadas tanto en Galicia como noutros puntos da xeografía española e europea. Por último, disporá o lector duns referentes documentais e bibliográficos que lle axuden na tarefa de ampliar os coñecementos arredor tanto doutras experiencias como do tema en si.