Estratexia para a prevención e detección precoz da dependencia en Galicia. Horizonte 2020
Autor/es: XUNTA DE GALICIA / CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR / S.X. DE POLÍTICA SOCIAL
Editorial: XUNTA DE GALICIA / CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR / S.X. DE POLÍTICA SOCIAL
Data Publicación: 2013
Referencia: D-0040
Idioma: Galego
Tipo: Libro
Esta estratexia ten como principal obxectivo dar unha serie de recomendacións para orientar a organización e funcionamento dos diferentes servizos (sociais, sanitarios e educativos) cara unha mellora das condicións de vida das persoas en termos de saúde e autonomía persoal. O documento estrutúrase en 3 capítulos: diagnóstico da situación, estratexia e a súa implantación en termos económicos. Engádense tamén anexos que informan sobre a metodoloxía utilizada, grupos de investigación participantes, bilbiografía e índices de gráficos e táboas.