Fratografías. 35 anos de humor dentro da educación
Disponible

Fratografías. 35 anos de humor dentro da educación

Autor/es: FRANCESCO TONUCCI (FRATO)


Editorial: UNIVERSIDADE DE VIGO / VICERREITORADO DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA E ESTUDANTES


Data Publicación: 2004


Referencia: ED-0040

Idioma: galego

Tipo: Libro


Categorías: Educación


Descripción / Más datos

125 pax.


Un percorrido gráfico pola obra do pedagogo italiano Francesco Tonucci Frato, desde os anos 60 até os nosos días, a través das súas preocupacións: os métodos de ensino, a educación ambiental e a científica, a cidade e os nenos, a formación dos mestres…
Edición para o Vicerreitorado de Extensión Universitaria e Estudantes da Universidade de Vigo.


«Por primeira vez sae un libro meu en lingua galega. Publicáronse en castelán, en catalán, en francés, en portugués, algúns en checo, en inglés e mesmo en xaponés, mais nunca ata agora en galego. E a primeira vez sempre é unha emoción nova. É como se as viñetas nacesen outra vez, para outras persoas, para outros pais, para outros mestres, e para outros nenos.
Pero para publicalas tiven que facer unha escolma na que converxesen trinta e cinco anos de actividade gráfica con máis de cincocentas viñetas en 120 páxinas, as cales non podían acoller máis de 100 ilustracións. E para un pai, ter que escoller entre os seus fillos, aínda sabendo que uns resultasen máis guapos ou máis merecedores ca outros, é sempre difícil e triste. Por outra parte, esta escolma permitiu xuntar as viñetas máis eficaces, o que espero que poida darlle ó libro unha forza e unha efectividade novas. [...]
As viñetas son unha obra satírica e a sátira é sempre contra algo. Cada viñeta é unha denuncia, pero agacha sempre un acto de amor, sempre comparacións cos nenos e con frecuencia tamén comparacións connosco, cos adultos, a pesar de todos os erros que cometemos. Espero que esta tenrura se perciba debaixo da aspereza da crítica.»

FRANCESCO TONUCCI