Guía de actuación ante a violencia de xénero para As=Os profesionais dos servizos sociais
Disponible

Guía de actuación ante a violencia de xénero para As=Os profesionais dos servizos sociais

Autor/es: XUNTA DE GALICIA. VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR. SECR. XRAL. DO BENESTAR


Editorial: XUNTA DE GALICIA / VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR / SECRETARÍA XERAL DO BENESTAR


Data Publicación: 2007


Referencia: M-0030

Idioma: Galego

Tipo: Libro


Categorías: Igualdade


Descripción / Más datos

Inclúe CD


129 páx.


A actualización en materia de igualdade dos/das profesionais que traballan directa ou indirectamente con mulleres que poden estar en situación de sufrir violencia ou que están a sufrila é unha garantía para o bo funcionamento das medidas de atención mediante a eliminación dos mitos e estereotipos existentes sobre a violencia de xénero.
Por este motivo, considérase necesaria a elaboración desta guía teórico-práctica para os/as profesionais dos servizos sociais, por seren un dos colectivos profesionais máis achegados á cidadanía e, polo tanto, susceptibles de detectar e dar resposta ás situacións de violencia.
A Guía de actuación ante a violencia de xénero para AS=OS profesionais dos servizos sociais estrutúrase en dúas partes claramente diferenciadas. Na primeira parte o que se pretende é achegarlle ao/á profesional unha serie de conceptos básicos como punto de partida para a
catalogación de cada caso concreto que permitan xerar respostas adaptadas á realidade da persoa demandante, así como unha visión histórica e xeral do concepto de violencia de xénero como único medio para comprender a realidade existente.
A segunda parte persegue un fin práctico: achegarlle ao/á profesional dos servizos sociais unha serie de medidas dirixidas á prevención, atención e tratamento da violencia exercida contra as mulleres, así como a súa protección e asistencia.