Guía de materiais e recursos educativos sobre o camiño de Santiago
Autor/es: COORD.: XESUS RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ E RAQUEL MARIÑO FERNÁNDEZ
Editorial: C. DENÉBOLA ÁLVAREZ SEOANE// ROCÍO GARCÍA PAZOS
Data Publicación: 01/01/2010
Referencia: AS-0030
Idioma: Galego
Tipo: Libro
Esta guía é unha recompilación e sistematización dos recursos didácticos que existen actualmente en Galicia en relación co Camiño de Santiago. O obxectivo desta publicación é dar a coñecer aos profesores dos centros educativos galegos estes materiais para que os utilicen en función das súas necesidades estando adaptados ás diferentes materias que imparten. Os materiais propostos abarcan o ensino en diferentes tramos educativos (Infantil, Primaria e Secundaria) e están elaborados coa participación de diversas institucións e colectivos xunto cos docentes e alumnos da USC. A finalidade última da guía é a de difundir de maneira conxunta o patrimonio material e inmaterial do Camiño. A publicación inclúe xogos e unidades didácticas, recursos interactivos, achegas de museos e institucións, referencias bibliográficas e a relación de congresos e outros eventos organizados sobre a temática do Xacobeo e das peregrinacións a Compostela.