O voluntariado social. Un camiño compartido
Disponible

O voluntariado social. Un camiño compartido

Autor/es: Santiago González Avión


Editorial: Xerais


Data Publicación: 2001


Referencia: V-0018

Idioma: galego

Tipo: Libro


Categorías: Voluntariado


Descripción / Más datos

172 páx.


O voluntariado social vive un tempo de recoñecemento. O Ano Internacional do Voluntariado (2001) testemuña ese momento. Pero existe o perigo de que o voluntariado suplante as conquistas sociais do Estado de Benestar, a solidariedade da familia e da vecindade, ou a vida asociativa dos movementos sociais. Fuxir dese perigo require unha reflexión sobre a natureza do voluntariado e sobre a súa articulación social, sexa en relación ao Estado e ao Mercado, sexa na correlación entre as organizacións e as persoas. Convén reparar criticamente en diferentes aspectos do voluntariado: a sensibilización, a convocatoria, a acollida, a maduración persoal e grupal, a formación e sobre todo a profundización sobre a experiencia e as relacións interpersoais. E esta crítica debe realizarse o marco dun apaixonado do compromiso persoal e social. Unha paixón que nos leve a comprometer a vida e a procurar a xustiza.