Recomendacións para a alimentación das persoas maiores. Comer ben é saúde. Alimentos que lles axudan a estar sans e a vivir mellor
Autor/es: XUNTA DE GALICIA / CONSELLERÍA DE SANIDADE
Editorial: XUNTA DE GALICIA / CONSELLERÍA DE SANIDADE
Data Publicación: 2012
Referencia: PM-0079
Idioma: Galego
Tipo: Folleto
19 páx.
Manter unha boa calidade de vida, de benestar e de independencia na idade avanzada constitúe hoxe un reto na nosa sociedade. O obxectivo desta publicación é facilitarlles información clara e sinxela a aquelas persoas con interese na alimentación das persoas maiores como determinante clave do seu estado nutricional e de saúde.
Sirva esta guía tamén para lles agradecer a todas as persoas maiores a súa xenerosidade para transmitir coñecementos e valores tales como a nosa dieta galega, excelente dende o aspecto culinario e gastronómico pero tamén dende o punto de vista tradicional.
Presentación de Rocío Mosquera Álvarez, Conselleira de Sanidade.