A ollada exterior do nacionalismo galego
Dispoñible

A ollada exterior do nacionalismo galego

Autor/es: XOSÉ MANUEL BEIRAS, JUSTO BERAMENDI, UXÍO-BREOGÁN DIÉGUEZ CEQUIEL, Mª PILAR GARCÍA NEGRO, LUIS GONÇALEZ BLASCO (FOZ), ANA MIRANDA, CAMILO NOGUEIRA, ENCARNA OTERO, XULIO RÍOS, XAVIER VENCE


Editorial: FUNDACIÓN GALIZA SEMPRE


Data Publicación: 2010


Referencia: P-0020

Idioma: Galego

Tipo: Libro


Categorías: Política


Descripción / Máis datos

153 páx.


A Fundación Galiza Sempre reivindica no seu último libro a universalidade da nación galega. "A ollada exterior do nacionalismo galego" recolle dez breves ensaios que describen e analizan a traxectoria deste movemento dende a perspectiva da súa acción internacional. Da súa lectura despréndese que “a presenza e proxección exterior é tanto un encomiable instrumento de aprendizaxe e intercambio como un recurso imprescindible para a construción nacional”. Para os responsábeis da fundación, “non hai contradición entre a reclamación da plena soberanía e a vontade de construír espazos e institucións internacionais entre pobos libres”. Así o entendeu a Fundación Galiza Sempre ao adicar unha das súas principais liñas de traballo a facer visible a personalidade nacional de Galiza, establecendo ligazóns que teñen propiciado a participación galega en distintos niveis e concretado o seu protagonismo en entidades de ámbito europeo, como o Centro Maurits Coppieters -a fundación da Alianza Libre Europea- ou global, como a Rede Mundial polos Dereitos Colectivos dos Pobos ou o Consello Internacional do Foro Social Mundial.