A ‘Escola de Primavera’ do Ceesg serviu como espazo para o traballo conxunto, o intercambio de experiencias e a reflexión sobre os ámbitos Educativo e Comunitario.
A segunda edición ‘Escola de Primavera’ do Ceesg concibiuse como un
espazo de encontro dinámico e participativo, no que reflexionar,
intercambiar experiencias e traballar conxuntamente no deseño de liñas
de acción que potencien a presenza insubstituíble da Educación Social
nos Servizos Sociais. As xornadas ofrecéronse, pois, como unha
plataforma de debate e acción coa finalidade de reforzar a
profesionalización da Educación Social no marco dos Servizos Sociais e
potenciar a súa presenza nos procesos de deseño, debate e promoción das
Políticas Sociais de Galicia, xunto con outros colectivos profesionais.
Este libro recolle os relatorios presentados nestas xornadas, que tiñan como obxectivos:
- Potenciar a perspectiva socioeducativa nos Servizos Sociais de Atención Primaria e Especializada.
- Dar a coñecer e difundir experiencias que as educadoras e educadores sociais están a desenvolver en distintos programas, recursos e servizos da nosa Comunidade Autónoma.
- Reforzar o recoñecemento político, social e profesional da Educación Social nestes ámbitos.