Fratografías. 35 anos de humor dentro da educación
Autor/es: FRANCESCO TONUCCI (FRATO)
Editorial: UNIVERSIDADE DE VIGO / VICERREITORADO DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA E ESTUDANTES
Data Publicación: 2004
Referencia: ED-0040
Idioma: galego
Tipo: Libro
125 pax.
Un percorrido gráfico pola obra do pedagogo italiano Francesco Tonucci Frato,
desde os anos 60 até os nosos días, a través das súas preocupacións: os
métodos de ensino, a educación ambiental e a científica, a cidade e os
nenos, a formación dos mestres…
Edición para o Vicerreitorado de Extensión Universitaria e Estudantes da Universidade de Vigo.
«Por primeira vez sae un libro meu en lingua galega. Publicáronse
en castelán, en catalán, en francés, en portugués, algúns en checo, en
inglés e mesmo en xaponés, mais nunca ata agora en galego. E a primeira
vez sempre é unha emoción nova. É como se as viñetas nacesen outra vez,
para outras persoas, para outros pais, para outros mestres, e para
outros nenos.
Pero para publicalas tiven que facer unha escolma na que converxesen
trinta e cinco anos de actividade gráfica con máis de cincocentas
viñetas en 120 páxinas, as cales non podían acoller máis de 100
ilustracións. E para un pai, ter que escoller entre os seus fillos,
aínda sabendo que uns resultasen máis guapos ou máis merecedores ca
outros, é sempre difícil e triste. Por outra parte, esta escolma
permitiu xuntar as viñetas máis eficaces, o que espero que poida darlle ó
libro unha forza e unha efectividade novas. [...]
As viñetas son unha obra satírica e a sátira é sempre contra algo.
Cada viñeta é unha denuncia, pero agacha sempre un acto de amor, sempre
comparacións cos nenos e con frecuencia tamén comparacións connosco, cos
adultos, a pesar de todos os erros que cometemos. Espero que esta
tenrura se perciba debaixo da aspereza da crítica.»
FRANCESCO TONUCCI