O tratamento penal da violencia contra as mulleres. Da intensiva aplicación do Principio de Intervención Mínima á introdución da Perspectiva de Xénero
Dispoñible

O tratamento penal da violencia contra as mulleres. Da intensiva aplicación do Principio de Intervención Mínima á introdución da Perspectiva de Xénero

Autor/es: MARÍA DEBÉN ALFONSO


Editorial: SGI. SERVICIO GALEGO DE IGUALDADE


Data Publicación: 2006


Referencia: M-0092

Idioma: Galego

Tipo: Libro


Categorías: Igualdade


Descripción / Máis datos

266 páx.


Neste volume analízase se o sistema penal é un instrumento válido para erradicar o exercicio da violencia contra as mulleres e se centrar a solución nunha maior criminalización ou no agravamento das penas, sen que iso se complemente coa suficiente dotación de recursos, conducirá as mulleres a unha situación de maior desprotección. A conclusión a que chega a autora é que cómpre un cambio de estratexia a través da introdución da perspectiva de xénero no corazón do ordenamento xurídico que lles permita percibir ás mulleres que a utilización do dereito é algo máis que un xogo de especialistas; a montaxe dun quebracabezas no que os operadores xurídicos buscan o encaixe das pezas: como se a busca da resolución perfecta fose en si mesma o fin perseguido polo dereito.

A sociedade non pode seguir observando atónita o odioso prexuízo que se esconde tras a discriminación, a desigualdade e o doloroso escenario da
violencia contra as mulleres. Coa súa participación e o seu esforzo permitirase recuperar a idea da Igualdade e a Xustiza como dereitos fundamentais e irrenunciables que as mulleres poden exercer sen ningún obstáculo; e iso non é máis que tocar o corazón e a esencia do estado social e de dereito.