Programa Xantar na Casa. Documento técnico
Autor/es: COORDINADOR XERAL: ANDRÉS VÁZQUEZ PIÑEIRO EQUIPO REDACTOR: ANDRÉS VÁZQUEZ PIÑEIRO, M. MILAGROS NIETO FERNÁNDEZ, LUIS GIL CALZADA, Mª DE LA ENCINA BALO GARCÍA.
Editorial: CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR
Data Publicación: 2010
Referencia: PM-0062
Idioma: Galego
Tipo: Libro
149 páx.
Este documento técnico pretende ser unha aproximación ao Programa "Xantar na Casa" para os profesionais dos concellos, usuarios/as, familiares e todas aquelas persoas que teñan interese en coñecer o fucionamento deste servizo na nosa Comunidade Autónoma. É obxectivo deste programa mellorar o nivel de benestar e calidade de vida das persoas maiores ou en situación de dependencia, así como das súas familias, posibilitando mantelas no seu contorno comunitario e retardando a institucionalización. Neste manual trátanse dun xeito integral todos os factores que interveñen na prestación deste servizo tales como: dispersión xeográfica, poboación envellecida, prestación dos servizos sociais, alimentación e necesidades nutricionais nas persoas maiores.