Cómplices. A violencia machista institucional
Dispoñible

Cómplices. A violencia machista institucional

Autor/es: Iria Vázquez Silva (Coord.)


Editorial: Galaxia


Data Publicación: 2020


Referencia: M-0265

Idioma: Galego

Tipo: Libro


Categorías: Igualdade Mulleres


Descripción / Máis datos

Unha publicación máis que imprescindíbel. Este traballo vén botar luz sobre un dos aspectos da(s) violencia(s) machista(s) menos estudado e tamén menos visíbel: a violencia que exerce o Estado a través das súas institucións sobre as mulleres que están en situación de violencia machista. Poucas publicacións coñecemos que aborden este tema de xeito directo. A autora explora varios eidos institucionais, cos que tivo ontacto directo, e convida a outras autoras. Sheila Fernández Míguez (desde o eido xurídico), Olalla Villaronga Seoane (que achega unha perspectiva desde o eido rural), Lola Ferreiro Díaz (desde o ámbito sanitario) e Ana Martínez González e Fedra Alcaraz Ladrero (ambas as dúas traballadoras dunha asociación de parálise cerebral) a completar o panorama dunhas institucións que deberían acoller e defender as mulleres violentadas polo machismo. A través deste libro podemos aproximarnos ao labirinto polo que pasan as mulleres en situación de violencia, analizando as forzas de seguridade, o eido xudicial, os servizos sociais ou o eido sanitario.