Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo
Autor/es: Xunta de Galicia
Editorial: Xunta de Galicia
Data Publicación: 2020
Referencia: EF-0051
Idioma: galego
Tipo: Libro
64 páx.
A Guía é un instrumento de resolución de conflitos de convivencia que vai contribuír a dar pautas de actuación ante un caso de violencia de xénero, de acordo coa lexislación en materia de convivencia e seguindo os orzamentos establecidos no I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020 (incluído na Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020), que contempla como un dos seus piares básicos a tolerancia 0 contra a violencia de xénero.
Así pois esta ferramenta vén dotar de instrumentos de intervención esta estratexia, abordando de maneira decisiva a violencia de xénero, que constitúe a violencia máis silenciada e oculta da sociedade.