Actas da 2ª Escola de Primavera: Educación Social e Servizos Sociais, 23, 24 e 25 de maio 2007. Santiago de Compostela
Disponible

Actas da 2ª Escola de Primavera: Educación Social e Servizos Sociais, 23, 24 e 25 de maio 2007. Santiago de Compostela

Autor/es: LAURA CRUZ LÓPEZ (COORD.), SOLEDAD HERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, ANA IGLESIAS GALDO, EVA LÓPEZ SOTO, Mª JOSÉ MÉNDEZ LOIS, CARMEN MORÁN DE CASTRO, MONTSERRAT SÁNCHEZ BARCIA, PALOMA SEIJO ANCA, ALFONSO TEMBRÁS LÓPEZ, ÁGUEDA VALÍN ARMAS, LUIS A. VELASCO VAZ


Editorial: CEESG. COLEXIO DE EDUCADORAS E EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA


Data Publicación: 2007


Referencia: SS-0041

Idioma: Galego

Tipo: Libro de Actas


Categorías: Servizos sociais I Inclusión social


Descripción / Más datos

302 páx.


Inclue CD-Rom


A ‘Escola de Primavera’ do Ceesg serviu como espazo para o traballo conxunto, o intercambio de experiencias e a reflexión sobre os ámbitos Educativo e Comunitario.

A segunda edición ‘Escola de Primavera’ do Ceesg concibiuse como un espazo de encontro dinámico e participativo, no que reflexionar, intercambiar experiencias e traballar conxuntamente no deseño de liñas de acción que potencien a presenza insubstituíble da Educación Social nos Servizos Sociais. As xornadas ofrecéronse, pois, como unha plataforma de debate e acción coa finalidade de reforzar a profesionalización da Educación Social no marco dos Servizos Sociais e potenciar a súa presenza nos procesos de deseño, debate e promoción das Políticas Sociais de Galicia, xunto con outros colectivos profesionais.
Este libro recolle os relatorios presentados nestas xornadas, que tiñan como obxectivos:

  • Potenciar a perspectiva socioeducativa nos Servizos Sociais de Atención Primaria e Especializada.
  • Dar a coñecer e difundir experiencias que as educadoras e educadores sociais están a desenvolver en distintos programas, recursos e servizos da nosa Comunidade Autónoma.
  • Reforzar o recoñecemento político, social e profesional da Educación Social nestes ámbitos.