Dubido se matei a Lena
Autor/es: Medos Romero
Editorial: Xerais
Data Publicación: 2000
Referencia: M-0193
Idioma: galego
Tipo: Libro
66 páx.
O sexo, a dúbida, o noxo, morte... son algúns dos eixos que centran este
conxunto de relatos breves de Medos Romero, que se estrea no campo da
narrativa cun libro descarnado e rotundo. Dubido se matei a Lena
revélanos con nudez e grande intensidade, vivencias duras escritas desde
a verdade, dende a realidade das mulleres, dende o seu propio cosmos,
sempre difícil. Os personaxes son elas, á procura de si mesmas.
MulIeres excomungadas, como a terra, como a lúa, como a paixón que nos
ferve. Mulleres desexadas, soas, prostitutas, neuróticas... que son máis
do que delas fixeron e do concepto que elas poidan ter sobre si
mesmas.