Disponible
Interactuando no tempo libre. VIII Xornadas galegas de actualización de coñecementos e intercambio de experiencias
Autor/es: Roberto Fernández Cartón (Coord.)
Editorial: XUNTA DE GALICIA
Data Publicación: 01/10/2007
Referencia: AS-0047
Idioma: Galego
Tipo: Libro
Categorías:
Animación Sociocultural
Descripción / Más datos
Xornadas galegas de actualización de coñecementos e intercambio de experiencias
QUE É INTERACTUANDO?
Ante todo é un ESPAZO DE ENCONTRO do eido do Tempo Libre en Galicia. Ben é certo que poderiamos concretar máis en que consiste este espazo de encontro, e atoparnos con:
+ Un foro para o intercambio de experencias e o intercambio de coñecementos.
+ Un espazo para a formación e a aprendizaxe.
+ A oportunidade para o encontro e a convivencia.
+ Un tempo para reflexionar e vivir o tempo libre en clave educativa.
+ Unha fin de semana para achegarnos a diferentes maneiras de traballar e para tecer redes.
Este libro recolle o contido e conclusións dos seminarios, comunicacións e outros materiais da xornada.