Trivial feminista do Observatorio da Mariña pola Igualdade
Autor/es: Observatorio da Mariña pola Igualdade
Editorial: Observatorio Mariña pola Igualdade / Obra Social La Caixa
Data Publicación: 2012
Referencia: M-0152
Idioma: Galego
Tipo: Materiais mixtos
A caixa que inclúe:
Taboleiro
Dado e fichas
Fichas con preguntas e respostas
Folla de instrucións
Xogo coeducativo por canto participa dun método de educación baseado no principio de igualdade entre mulleres e homes e da non discriminación por razón de sexo.
No ano 2010 o Observatorio levou a cabo o estudo Actitudes de xénero no profesorado e alumnado da Mariña. Claves para unha escola coeducativa, no que se evidenciou a necesidade de pór en marcha actividades nas que alumnado e profesorado se implicasen dun xeito claro, e a través das cales se puidese afondar no coñecemento do feminismo e das achegas das mulleres de todo o mundo ao desenvolvemento das sociedades ao longo do tempo. Xustamente con esa vontade xurdiu a idea do Trivial Feminista, un proxecto impulsado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade pero que foi posíbel grazas ao traballo inicial do profesorado e alumnado de distintos centros mariñáns, pois foron elas e eles quen dedicaron horas de titorías a investigaren desde unha perspectiva feminista sobre a Arte e Literatura, a Cultura e Espectáculos, a Xeografía e Historia, as Ciencias e o Deporte como un primeiro paso para discorreren as preguntas e respostas deste Trivial. O obxectivo deste proxecto colectivo e participativo é, xa que logo, o de visibilizarmos e pórmos en valor as achegas e logros das mulleres de distintos recantos do planeta e de distintos períodos históricos, denunciando a súa frecuente marxinación en todos os eidos do coñecemento humano e das sociedades. A posta en valor destes debates e figuras acaladas é en si mesmo un obxectivo feminista, por canto implica avanzarmos cara a unha igualdade de xénero para favorecer que mulleres e homes poidan realizarse como persoas en liberdade e igualdade de condicións.