Datos básicos do curso
- Datas: Do 1 de marzo ao 12 de abril de 2025.
-
1 de marzo ábrese a aula virtual
15 de marzo 1ª sesión online (4h de 09:30 a 13:30)
29 de marzo 2ª sesión online en (4h de 09:30 a 13:30)
12 de abril 3ª sesión online (4h de 09:30 a 13:30 )
- Duración do curso: 25 horas de formación certificada.
- Modalidade: Formación en liña a través da plataforma Moodle con 12 horas de docencia online divididas en 3 días de 4 horas cada unha.
- Público destinatario: Este é un curso pensado para profesionais do ámbito socioeducativo, sociosanitario, psicopedagóxico, de servizos sociais, etc. Pero aberto a calquera persoa que poida ter interese no tema.
- Cota de matriculación: Hai dúas posibles cotas de matrícula.
- Colexiadas e amigas do Ceesg, así como de calquera outro colexio profesional adscrito ao CGCEES: 80€
- Público en xeral: 190€
- Data límite inscricións: 21 de febreiro.