Información legal-administrativa do estado de alarma

28 - 06 - 2023

O pasado 14 de marzo publicouse o Real Decreto 463/2020 que declara o estado de alarma, que recolle una serie de medidas extraordinarias para mitigar o impacto sanitario, social e económico da crise sanitaria, que xa se viñeron revisando e adaptando nestes días. Podes consultar aquí o texto coas medidas actualizadas:

Real Decreto Ley de Medidas Urgentes COVID-19

Así mesmo, este mércores a Xefatura de Estado ven de publicar o Real Decreto-ley 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer frente ao impacto económico e social do COVID-19 que contempla, entre outras, Medidas de apoio a traballadorxs, familias e colectivos vulnerables no seu Capítulo I.

Podes consultar nos seguintes enlaces outra información de interés:

Comunicado UP COVID-19

Comunicado CGCEES sobre el COVID-19

Documentación Técnica Coronavirus

Algúns aspectos que debemos coñecer:

Aspectos fiscais:

A Axencia Tributaria comunica que as súas oficinas “estarán temporalmente pechadas para atención presencial debido ao estado de alarma declarado mediante RD 463/2020, cuxa Disposición Adicional Terceira establece a suspensión de prazos”.
Os prazos nos procedementos tributarios van ser ampliados mediante a tramitación dunha norma legal tributaria inminente. En tanto se aproba o cambio normativo, non considerará incumprido o prazo a quen teña algún trámite pendente e, en caso de ter unha cita pendente poderase obter máis adiante unha nova.
Recomendámosche que revises as novas ao respecto na súa web: https://www.agenciatributaria.es/
Aspectos relativos á orde xurisdicional social:

As empresas poderán adoptar medidas organizativas ou preventivas de maneira temporal, que poidan evitar o contacto social sen necesidade de paralizar a súa actividade.

O teletraballo establécese como unha medida organizativa temporal que implica a prestación de servizos fóra do centro de traballo habitual e que podería adoptarse por acordo colectivo ou individual, con carácter excepcional, para o desenvolvemento de tarefas imprescindibles que non poidan desenvolverse no centro físico habitual, unha vez xa se estableceron as precaucións necesarias de tipo sanitario e preventivo.
Se a empresa vise na necesidade de suspender a actividade de maneira total ou parcial, poderá facelo conforme aos mecanismos previstos na normativa laboral vixente e polas causas contempladas na mesma. Neste sentido, os Expedientes de Regulación de Emprego convertéronse nun concepto de crecente interese.
No recente Real Decreto Ley 8/2020 publicado hoxe 18 de marzo, recolle no seu Capítulo II Medidas de Flexibilización dos mecanismos de axuste temporal de atividade para evitar despidos.

Un Expediente de Regulación Temporal de Emprego é un mecanismo legal polo que as empresas poden suspender contratos de traballo ou reducir xornadas de maneira temporal, cando atravesen por dificultades técnicas, organizativas que poñan en risco a continuidade da compañía.
As diferenzas cos Expedientes de Regulación de Emprego (ERE) son as seguintes:

  • Un ERTE é temporal, o traballador volve tras un período de tempo á empresa, mentres que nun ERE o despedimento é definitivo.
  • Nun ERTE non se ten en conta o nº de traballadores da empresa, mentres que nun ERE si.
  • No ERTE o empregado non cobra ningunha indemnización (se teñen dereito cobrarían o paro nese período), e no ERE os empregados cobran como mínimo 20 días de salario por ano de servizo.
  • Por causas de forza maior, a empresa pode solicitar ás consellerías de traballo que decidan aplicar un ERTE nun prazo máximo de 5 días. E a duración non está establecida en ningunha norma, determínase entre a empresa e os representantes dos traballadores ou, na súa falta, pódeo determinar a autoridade laboral.
  • Iníciase mediante solicitude á autoridade laboral (neste caso que xustifiquen a causa de FORZA MAIOR) e debe comunicarse fidedignamente e de maneira simultánea á solicitude, aos traballadores ou aos seus representantes se os hai.

Ámbito financeiro:

Establécense as seguintes medidas:

  • Liña de financiamento específico a través do Instituto de Crédito Oficial por importe de 400 millóns de euros para atender as necesidades de liquidez das empresas e traballadoras/ses autónomas/os do sector turístico, así como das actividades relacionadas que se estean vendo afectadas pola actual situación.
  • Aprazamento extraordinario do calendario de reembolso, nos préstamos concedidos pola Secretaría Xeral de Industria e Peme, atendendo á casuística recollida no Real Decreto Ley que declara o Estado de Alarma.
  • Outra cuestión que recolle o recente Real Decreto Lei 8/2020 do 17 de Marzo , no seu artigo 29 é a axuda ás empresas mediante préstamos bancarios avalados polo Estado, para atender entre outras da xestión de facturas, necesidade de circulante, vencementos de obrigacións financeiras ou tributarias ou outras necesidades de liquidez.

Suspensión das actuacións xudiciais e dos prazos procesuais:

A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) acordou a suspensión en todo o territorio nacional das actuacións xudiciais programadas e dos prazos procesuais, manténdose os servizos esenciais da Administración de Xustiza, garantindo determinadas actuacións, que foron acordadas polo CGPJ, o Ministerio de Xustiza e a Fiscalía Xeral do Estado.

Neste mesmo sentido, pronunciouse a Secretaría Xeral para a Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza, indicando que a Disposición Adicional Cuarta do RD 463/2020, do 14 de marzo, relativa á suspensión, prescrición e caducidade dos prazos, enténdese plenamente aplicable aos Rexistros da Propiedade, Mercantís e Bens Mobles.

Servizo de atención ao cidadán por parte do Ministerio de Xustiza

Limítase o acceso de profesionais e cidadáns ás sedes xudiciais salvo para aqueles trámites imprescindibles e inaprazables.
Calquera outra xestión deberá realizarse vía LexNET ou por vía electrónica ou telefónica.
Podedes consultar os servizos esenciais para garantir a actividade xudicial (acordados polo Ministerio de Xustiza, o Consello Xeral do Poder Xudicial e a Fiscalía Xeral do Estado) picando aquí.