Recoñecemento de competencias profesionais a través da experiencia laboral

28 - 06 - 2023

A Xunta de Galicia abre un novo procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.

Cualificacións que se convocan:

  • Docencia da formación para o emprego
  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais
  • Socorrismo en instalacións acuáticas
  • Servizos para o control de pragas
  • Xestión de servizos para o control de organismos nocivos
  • Extinción de incendios e salvamento
  • Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural
  • Instrución en ioga
  • Vixilancia e seguridade privada
  • Confección e mantemento de artes e aparellos

Prazo de inscrición ata o 27 de decembro de 2019.

Máis info