Vístete co nome completo. #SomosEducaciónSocial

28 - 06 - 2023

Iniciamos a campaña 'Vístete co nome completo' para facer visible a protesta pola convocatoria de ‘Educadoras/es’ da Xunta de Galicia.

En que consiste?

Sácate unha foto coa camiseta ou coa chapa. Súbea ás túas redes etiquetando á Xunta de Galicia e ao Ceesg, incluíndo o hasgtag #SomosEducaciónSocial

Se queres facerte con unha camiseta, podes reservala escribíndonos a administracion@ceesg.org e enviarémoscha por correo postal.

Para evitar excesivos gastos, faise o envío contra reembolso do importe do envío, que é de algo menos de 9 euros para o envío dunha camiseta. Se o prefires, tamén podes achegarte a recollela gratuitamente á sede do Ceesg ou pedirnos o deseño para encargar ti mesma/o unha camiseta na túa localidade.

Dispoñible en tallas S-M-L-XL

Unidades limitadas!

Só se entregarán camisetas a persoas colexiadas ou amigas do Ceesg.

Esperamos a túa foto!