Reorganización escolar para un ensino seguro

28 - 06 - 2023

A Confederación ANPAS Galegas vén de facer público un manifesto no que expresa unha serie de demandas dirixidas á Consellería de Educación relacionadas co inicio do curso escolar e a necesidade de reorganización e establecemento de protocolos que aseguren a saúde e benestar do alumnado. (Ver manifesto de ANPAS Galegas)

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) apoia as demandas expresadas en dito manifesto. Como profesión do ámbito socioeducativo, dende a Educación Social queremos colaborar en asegurar un regreso ás aulas seguro que garanta o dereito a unha educación igualitaria, inclusiva e de calidade.

Levamos anos formulando a petición de incorporación da figura de educador/a social en centros de xeito normalizado a través de contratación directa coa Consellería, o que sen dúbida algunha sería un avance na calidade da atención educativa. A situación actual xustifica máis aínda a necesidade de contar con profesionais que complementen o labor do profesorado e outro persoal xa existente no centro, para poder enfocar máis fondamente en cuestións non académicas pero igualmente importantes, como son a convivencia ou a educación emocional, entre outras.