O CGCEES traslada aos partidos políticos a necesidade da acción da Educación Social
28 - 06 - 2023
O Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES), durante os meses de xullo e agosto de 2020, mantivo 9 reunións, entre outros, con deputados e deputadas da Comisión de Dereitos Sociais e Políticas Integrais de Discapacidade; da Comisión de Educación e Formación Profesional; e da Comisión non lexislativa dos Dereitos da Infancia e Adolescencia.
Entre os asuntos tratados: a situación da profesión e da titulación, solicitude de apoio ao desenvolvemento da profesión e de todas as profesións que traballan coa infancia, a necesidade da Educación Social na Escola, o traballo con menores estranxeiros sen referentes familiares.