Xuntanza do CGCEES e a Conferencia de Decanas/os de Educación

28 - 06 - 2023

O pasado venres, 2 de outubro, o Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES) mantivo unha xuntanza virtual coa Conferencia de Decanas/os de Educación, na que expuxo as necesidades e dificultades da profesión.

Froito desta xuntanza establécese unha liña de colaboración coa posta en marcha dunha comisión formada por ambas institucións, que analice a situación e realice propostas de mellora del Título de Grao de Educación Social.

Na xuntanza participaron Lourdes Menacho Vega (presidenta do CGCEES), Noelia Rodríguez Álvarez (responsable de comunicación do CGCEES), Carmen Fernández Morante (presidenta da Conferencia de Decanos de Educación e decana da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela) e Eva Sanz Arazuri (secretaria da Conferencia de Decanos e Decana da Facultade de Letras e educación de La Rioja)