Obradoiro en liña ‘Mediación con familias con fillas/os adolescentes’

28 - 06 - 2023

A adolescencia é unha transición no ciclo vital desde a infancia ao mundo adulto. É unha etapa que vai supoñer un gran desafío individual, familiar e social.

Existe relación entre as condutas presentadas polas/os adolescentes e os modos particulares de comunicación e relación familiar. A mediación familiar vai tratar de axudar ás/aos membros da familia para modificar estes modelos de comunicación co fin de desbloquear estas dificultades. Así mesmo, son necesarias novas formas de intervención onde prime o empoderamento das familias, onde elas sexan o principal recurso co que as/os profesionais podamos contar.

O obradoiro de mediación interxeracional dirixido a profesionais da intervención familiar e mediadoras/és familiares pretende sensibilizar e dar ferramentas para apoiar ás familias no tránsito desta etapa do ciclo vital. Este obradoiro, cunha duración de 2 horas, está subvencionado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social

11 de novembro, de 16:00 a 18:00 h.

Información detallada.

Formulario de inscricións.

Inscrición gratuíta (prazo ata 8 de novembro)

NOTA IMPORTANTE: As persoas inscritas recibirán indicacións para a conexión e participación o día 10 de novembro.