Participación nas xuntanzas do proxecto Pro.Vi
O Ceesg vén de participar nestes meses en diferentes xuntanzas de Capacity Building organizadas pola Asociación Consensus, e cofinanciadas pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, dentro do Proxecto Pro.Vi – Protecting victims’ rights, cofinanciado polo programa de Xustiza da Comisión Europea e apoiada pola Deputación de A Coruña e a Unidade de psicoloxía forense da USC.
Xunto con representantes dos Colexios de Psicoloxía de Galicia, de Traballo Social, de avogacía de A Coruña e da Secretaría Xeral de Igualdade reflexionamos sobre os dereitos das vítimas de delitos de odio, as melloras na atención directa ás vítimas, a necesidade do reforzo das competencias das profesionais, os factores que limitan o acceso das vítimas aos servizos de información, protección e apoio; e os obstáculos que dificultan a creación dun sistema de protección integral efectivo.
Tendo en conta que o obxectivo xeral do proxecto é a mellora da eficacia e a capacidade de apoio ás vítimas desde o Ceesg consideramos necesaria a incorporación da figura da Educación Social nos equipos interdisciplinares das Oficinas públicas de atención ás vítimas de delitos de odio (sete en Galicia)