Publicación: Educación social e adiccións. Experiencias socioeducativas en Galicia

28 - 06 - 2023

Hai agora case un ano, dende o Ceesg abrimos un proceso participativo a través do cal puidemos recoller diferentes experiencias socioeducativas que se levan a cabo en Galicia no eido das adiccións. Na xornada ‘Educación Social e adiccións’ celebrada o pasado 23 de outubro, organizada conxuntamente entre o Ceesg e a Facultade de Ciencias da Educación, tivemos a oportunidade de escoitar a algunhas das profesionais que levan a cabo estas accións.

Estas, e tamén outras iniciativas que non se recolleron no programa da xornada, quedaron recollidas na publicación ‘Educación Social e adiccións. Experiencias socioeducativas en Galicia’, impresa coa colaboración da Deputación da Coruña. Este recompilatorio de experiencias está dispoñible na biblioteca do Ceesg e na web.

Ver publicación