Webinar: A educación social coas persoas maiores en tempos de pandemia.

28 - 06 - 2023

Un dos colectivos que está a sufrir con maior incidencia as consecuencias da pandemia por COVID-19 é o das persoas maiores, tanto as que permanecen en domicilio coma as que viven nun recurso residencial.

A dramática incidencia da enfermidade entre as persoas maiores; o número de mortes que se dan por esta causa nesa franxa de idade, a interrupción das terapias e intervencións nas que participaban en centros de día ou sociocomunitarios e a consecuente afectación cognitiva e física, son algúns dos aspectos negativos que sofren as persoas maiores a raíz da pandemia.

Esta crise puxo en evidencia as carencias do sistema sociosanitario, que precisa con urxencia dun cambio de modelo para adaptalo ás necesidades reais das persoas maiores.

A través deste webinar abordaremos como está afectando a pandemia ás persoas maiores en entornos residenciais, centros de día e a nivel comunitario; formularemos os retos que se presentan neste momento para a atención óptima ás persoas maiores e analizaremos o modelo cara o que temos que camiñar na acción profesional multidisciplinar.

Data: 13 de novembro.

Xornada gratuíta, previa inscrición.

Enlace a formulario de inscricións


Dirixida a: profesionais relacionadas/os co traballo con persoas maiores.