Nova edición de 'Son de Fiar' en formato Retallos

28 - 06 - 2023

Fiadeiras ofrece a formación ‘Son de Fiar’ en retallos, é dicir, en anacos que cada participante pode ir fiando ata compoñer o seu propio coñecemento sobre os Feminismos e incorporalo na intervención socio-educativa.

Esta actividade está dirixida a todas as colexiadas e colexiados, de xeito gratuíto. O acceso aos contidos estará aberto na zona privada da web www.ceesg.gal.

Cada semana publicarase na web un novo Retallo, o primeiro o 23 de novembro, e o último o 28 de decembro. Para respectar os diferentes ritmos, a formación quedará dispoñible uns días máis, ata mediadosde xaneiro.

Poderá emitirse certificado de participación ás persoas que se inscriban, debendo realizar as pequenas actividades que se incluirán nos retallos.

A duración estimada para a realización do curso, e que se contemplará no certificado de quen o solicite, é de 12 horas.

Para inscribirte, envíanos a ficha de inscrición. Admítense inscricións ata o 18 de novembro.

Descargar ficha de inscrición

Para información máis detallada, podes ver a seguinte presentación:

Presentación dos Retallos ‘Son de Fiar’