Formación con desconto: Gestalt e Mindfulness
28 - 06 - 2023
Pañña Centro de Psicoloxía Humanista organiza a formación sobre Gestalt e Mindfulness.
Un encontro mensual de 10:00 a 14:00.
Datas: 28 novembro, 16 xaneiro, 20 febreiro, 20 marzo, 24 abril, 22 maio e 19 Xuño.
Prazo de matrícula: 13 de novembro. Prazas limitadas.
Imparten: Ramiro Díaz y Rosa Gaztelumendi
Prezo 60€/mensualidade e 60€ de matrícula. 20% de desconto a persoas colexiadas do Ceesg.
OBXECTIVOS:
- Desenvolver a nosa capacidade de darnos conta (facernos conscientes) a través da conciencia corporal.
- Aprender Recursos e/ou ferramentas para xestionar as nosas emocións de maneira saudable.
- Recoñecer as nosas necesidades para poñernos activos co que nos ocorre.
- Desenvolver a Presenza no Aquí e Agora.
- Coñecer métodos adecuados a cada persoa, de Comunicación e Contacto.
O Ceesg non é organizador nin patrocinador, e non se fai responsable do seu contido nin das condicións de contratación, que serán directamente coa empresa ofertante.