Buscamos Formadoras/es expertas/os en violencia de xénero
Requírese profesional con alta especialización en supervisión, intervisión e mentorización na intervención en casos de violencia de xénero para impartir formación cun enfoque moi práctico a profesionais que traballan con mulleres vítimas. Imprescindible colexiación no Ceesg.
A formación non está aprobada por agora, mais precísase de formadoras/es especializadas/os para elaborar unha proposta concreta que será sometida a aprobación dentro dunhas semanas.
O Ceesg recibirá os CV das persoas interesadas e fará unha selección de unha ou máis persoas. Os datos destas persoas serán facilitados á entidade pública que se encarga de facer a proposta, sendo desta última a decisión sobre as/os formadoras/es incluídos.
Prazo e forma para envío de CV: ata o 29 de decembro ás 14:00 h. a ceesg@ceesg.gal