Formación con desconto: Mediación en vivenda
O Colexio Oficial de la Educación Social del Principado de Asturias (COPESPA) organiza formación en liña sobre MEDIACIÓN EN VIVIENDA.
É unha proposta formativa dirixida a educadoras e educadores sociais que queiran iniciarse ou ampliar os seus coñecementos en relación á mediación en vivenda.
Duración: 40 h.
Datas: do 1 ao 28 de febreiro. 4 sesións de unha hora e media en cada un dos catro módulos do curso os xoves 4, 11, 18 e 25 de febreiro de 18:00 a 19:30 h. e 34 horas de traballo persoal.
Contidos: Na primeira parte abordaranse cuestións legais sobre vivenda a ter en conta nun proceso de mediación, así como unha contextualización da exclusión residencial e a importancia do papel da/o mediador/a. Posteriormente veranse técnicas de mediación aplicadas e en último lugar formularanse varios supostos prácticos cos que se poidan plasmar os coñecementos aprendidos.
O curso inclúe material interactivo.
O prazo de inscrición está aberto ata o 28 de xaneiro.
Cota reducida para colexiadas no Ceesg, así como noutros colexios profesionais de Educación Social.
Máis información e inscricións
O Ceesg non organiza nin patrocina esta actividade, nin se fai responsable do seu contido nin das condicións de contratación, que serán directamente coa empresa ofertante.