Aberto o período de inscricións do VIII Congreso Estatal de Educación Social

28 - 06 - 2023

O VIII Congreso Estatal de Educación Social abre o seu período de inscrición a través dunha nova plataforma de xestión integrada na súa páxina web.
O Congreso, aprazado en 2020, e que se celebrará a semana do 20 ao 25 de setembro de 2021, en Etopía, Centro de Arte e Tecnoloxía de Zaragoza, co lema ‘Educación Social: Dignidade e Dereitos en tempos de pandemia’ comeza o seu período de inscrición no seu espazo web: www.congresoeducacionsocial.org
Desde hoxe poderanse realizar as inscricións para este evento que se adaptou metodoloxicamente para ser completamente virtual (todo o contido en liña) e en función da situación sanitaria abrirase á presencialidade. As persoas interesadas en asistir presencialmente ao Congreso deberán indicalo á hora de realizar a inscrición. Respecto ás tarifas do Congreso, prevíronse a tarifa Xeral, tarifa Eduso (para profesionais da educación social) e a tarifa Reducida (estudantes e desempregados).
Á hora de realizar a inscrición tamén debe de escolerse a participación nun dos dezaoito talleres ofertados, xa que as prazas están limitadas para favorecer a interacción. Estes talleres teñen diversos contidos relacionados cos eixos principais do congreso: ‘a dignidade das persoas, as/os profesionais e o dereito á educación social’; e ‘a acción socioeducativa como acción transformadora’. A plataforma de inscrición permite visualizar o aforo restante en cada un dos talleres no momento de realizar a inscrición.
O congreso abriu un novo prazo para presentar contribucións (comunicacións, posters e experiencias), que se prolonga ata o 15 de abril de 2021. Aquelas que sexan aceptadas, serán publicadas na revista RES Revista de Educación Social.
Recorda que podes seguir toda a actualidade sobre o congreso na súa web e a través das súas redes sociais Facebook, Instagram, Twitter e Telegram.