Proceso selectivo de Educadoras/es da Xunta
O pasado sábado desde o Ceesg estivemos acompañando na OPE ás educadoras e educadores sociais, aínda que non da forma que nos gustaría, debido ás restricións COVID.
Seguiremos reivindicando unha OPE xusta para a #EducaciónSocial, reclamando o que nos corresponde, reivindicándonos como profesión esencial e visibilizando o valor da nosa profesión.
O cambio é posible, temos como exemplo o recoñecemento recente dunha escala propia de Educación Social na Comunidade Valenciana, grazas ao COEESCV (Col·legi d'Educadores i Educadors Socials de la Comunitat Valenciana)
Para que isto sexa posible a profesión necesita sumar forzas a través da Colexiación para potenciar o recoñecemento da profesión, acabar co intrusismo e a precariedade laboral. Lembra que temos en marcha a Campaña 'Camiña con nós', que para promover a colexiación implantou durante este ano unha reducción de cotas para novas colexiadas/os e tamén para as colexiadas/os que 'conviden' a outras educadoras/es sociais a facelo.
Animamos tamén a que sigades subindo fotos da xornada pasada, fotos coa máscara, coa chapa... #EducaciónSocialProfesiónEsencial
Na web da Xunta podedes consultar os exames e a plantilla de resposta. Deixamos enlaces: