Participación no VIII Congreso de Educación Social

28 - 06 - 2023

Recordamos que o Congreso Estatal de Educación Social adaptouse de xeito que se poderá participar 100% en liña, sen descartar a posibilidade da presencialidade se as condicións sanitarias o permiten nese momento.
A adaptación ao formato en liña permitirá a participación no obradoiro que escollas (con posibilidade de interacturar) e ao restante programa, así como á posibilidade de visualización en diferido todo o contido do Congreso.

Ver programa

Datas: do 20 ao 25 de setembro. Do 20 ao 22, polas tardes, terán lugar os diferentes obradoiros. Do 23 e 25 o programa de mesas e conferencias.

O Congreso busca promover a reflexión, o debate e o pensamento crítico sobre a Educación Social. Ademais, os congresos estatais son o espazo para fixar os obxectivos prioritarios da profesión, chegándose a crear en ocasiones documentos fundamentais sobre a Educación Social.
Non perdas a oportunidade de participar no evento profesional máis importante da Educación Social a nivel estatal.
As persoas colexiadas poden beneficiarse da ‘Tarifa eduso’; quen queira beneficiarse da mesma, ten que solicitar o código ao Ceesg.

Ir á web do Congreso