Investigación sobre interculturalidade e migracións
O estudiante de doutoramento da Universidade de Córdoba Michelle Blaya Burgo solicita colaboración das e dos profesionais da Educación Social para recabar datos para a investigación da súa Tese Doutoral, un estudo acerca dos factores asociados á interculturalidade, os discursos sociais e a inclusión dos inmigrantes na sociedade de acollida.
A ferramenta para a recollida de datos é un cuestionario que non implica responder cuestións correctas ou incorrectas, simplemente se solicita a maior sinceridade e obxectividade co fin de coñecer a súa opinión ao respecto. Os datos que se van manejar serán totalmente anónimos, sendo utilizados únicamente para o desenvolvemento da investigación.
Dende o Ceesg sempre animamos a participar nestas investigacións, para contribuír á creación de coñecemento en áreas relacionadas coa nosa profesión.
Moitas grazas pola colaboración.