Presentación do libro: Habitar recursos residenciales. Trabajar donde los otros viven
Teremos o gusto de conversar con Óscar Martínez Rivera, autor do libro ‘Habitar recursos residenciales. Trabajar donde el otro está viviendo’.
Sinopse do libro (traducido a galego polo Ceesg):
Traballar no espazo onde o outro está vivindo leva consigo unha serie de circunstancias que non sucede noutros espazos de traballo da acción socioeducativa. O libro reflexiona sobre que significa habitar un espazo e vivir nel, pero ademais abre a mirada á análise das necesidades non materiais que se poñen en xogo. Os recursos residenciais son un dos espazos máis habituais onde exercen a súa profesión educadoras e educadores sociais de diferentes ámbitos. Aínda que o libro está baseado na experiencia con persoas con diversidade funcional, pretende xerar discusión e debate sobre espazos de traballo de calquera outro colectivo.
Óscar Martínez Rivera é Doutor en Educación e Sociedade pola Universitat de Barcelona, diplomado en Educación Social na Facultade de Educación Social e Traballo Social Pere Tarrés (Universitat Ramón Llull) onde traballa como profesor.
Data: 7 de xullo, 2021.
Hora: 19:00 h.
Lugar: Conexión en liña (enviarase o enlace de conexión ao correo-e)
Prazo para anotarse: ata o 5 de xullo ás 12:00 h.