I Cumio Galego contra o odio

28 - 06 - 2023

O vindeiro 30 de xuño, de 9:30 a 12:30, terá lugar o I Cumio Galego contra o odio, que se celebrará en liña co obxectivo de coñecer, poñer en común, e dar visibilidade ás diferentes iniciativas, proxectos e programas desenvolvidos por toda Galicia contra o discurso do odio e a aporofobia: nas entidades, colexios e institutos, na universidade, a título individual nas redes sociais.

A entidade organizadora, EAPN, busca coñecer o máximo número de iniciativas e proxectos para difundilos, que poidan participar na xornada e ser incluídas no apartado de boas prácticas que incluirá a futura Guía de Estilo para comunicadoras sobre Aporofobia e Discurso do Odio: Comunicar sen discriminar, que editarán dende o seu Grupo de Comunicación.

Animamos ás educadoras e educadores sociais que levedes a cabo algunha iniciativa en calquera ámbito de loita contra prexuízos, discurso do odio e aporofobia, novas narrativas, etc. que se desenvolva en Galicia, a que lles facilitedes enlaces ou información para achegarlles esas boas prácticas a compartir.

Ficha para enviar a iniciativa, formulario de inscricións e información detallada neste enlace.

Máis información