Modificación da Lei 14/2021, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
No DOG do 28 de xullo podedes atopar a Lei 14/2021, do 20 de xullo, pola que se modifica a Lei 11/2007, do 27 de Xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, aprobada por unanimidade na Cámara galega.
Unha das modificacións máis importantes e a ampliación do concepto de violencia machista ao recoñecer a violencia vicaria como violencia de xénero. Incluindo o recoñecemento de estatuto de vítimas non só no caso de asesinato ou homicidio, senón cando existe calquera forma de violencia recollida na mesma lei.
Lembremos que a violencia vicaria é aquela violencia que se exerce sobre a muller co fin de causarlle un dano a través de terceiras persoas (fillas, fillos, nai, pai, parella actual…) e que acada o seu grao máis elevado co homicidio ou asasinato destas persoas.
Outra modificación é o seu carácter retroactivo, de forma que todas as mulleres que sufriron no pasado violencia machista quedan amparadas e teñen acceso a protección e axudas.
Queremos lembrar que o Ceesg, a través do grupo Fiadeiras participa activamente no grupo de Traballo 3 ‘Abordaxe da Violencia de Xénero coa mocidade dende o ámbito educativo’ e no Observatorio Galego de Violencia de Xénero como Vogal.