Convocatoria de probas CODIX
No DOG do 23 de setembro publícase a resolución da AMTEGA pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX).
Pode participar nesta proba toda persoa maior de 16 anos, inscrita como usuaria da rede CeMIT.
CONTIDOS DA PROBA:
- O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación, do Catálogo nacional de cualificacións.
- A rede CeMIT ten publicados na súa plataforma de teleformación os materiais formativos que forman parte do curso CODIX baixo a modalidade de Autoformación como material de apoio para a preparación destas probas.
LUGAR DAS PROBAS:
- As probas de avaliación terán lugar nas dependencias das aulas CeMIT (consultar aquí)
SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN:
- Inscrición na páxina web de CeMIT.
- Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT.
- Prazo de inscrición do 24 ao 30 de setembro.
- Só se pode facer inscrición nunha localidade, día e hora; o incumprimento deste punto supoñerá a exclusión da persoa de todas as localidades nas que estea inscrita.
- Rematado o prazo de inscrición, realizarase un sorteo para establecer a orde de prelación das persoas con dereito á matriculación e publicarase a relación provisional de persoas admitidas en cada unha das localidades na páxina web da rede CeMIT, así como a listaxe de reservas e de excluídas.
Consulta aquí a resolución completa
Tamén é de interese o DECRETO 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais, publicado no DOG o pasado 20 de setembro. Sinala, entre outras cuestións, que a acreditación da certificación dentro do Marco galego de competencias dixitais poderán valorarse como mérito ou establecerse como requisito de participación nos procesos de provisión de postos de traballo ou de selección de persoal en procesos de emprego público.