Mesa redonda sobre saúde mental

28 - 06 - 2023

A Fundación Salma está a organizar estes meses varias mesas redondas en concellos de Galicia en torno á saúde mental.

Con elas pretenden facer participe a toda a sociedade nun diálogo sobre como mellorar, entre todas e todos, os nosos servizos e políticas públicas de saúde mental.
O vindeiro martes 29 de marzo terá lugar un destes encontros, co título 'Retos para a mellora da saúde mental na poboación infantil e xuvenil de Galicia' no que participará a vicepresidenta do Ceesg. Será en Santiago de Compostela, no salón de graos da Facultade de Dereito, ás 19:15 h.

A mesa rematará cunha quenda de conversa e de preguntas abertas ao público. Animamos á asistencia a este encontro e aos demais que están organizando na mesma liña.

A entrada é libre e gratuita ate completar o aforo.

Infórmate de seguintes mesas redondas no Facebook da Fundación Salma.