Sentenza sobre permiso de paternidade de fillo falecido no parto

28 - 06 - 2023

Un xulgado do social de Ourense vén de recoñecer nunha sentenza o dereito dun pai a quen lle faleceu o fillo nun parto, ao permiso por nacemento e coidado da crianza, nas mesmas condicións que a nai biolóxica. A sentenza, pioneira en Galiza, recoñece o dereito do pai a dispor integramente do permiso recollido na lexislación vixente, que en primeira instancia lle foi denegado polo INSS e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Como profesionais da Educación Social, no traballo con familias podemos atoparnos con situacións coma esta, e é importante que ditas familias dispoñan de información sobre os seus dereitos, e que sexan acompañadas para poder reclamalos.