Educación Social e COVID-19 en Iberoamérica
Dende o Ceesg compartimos e animámosvos a cumprimentar esta enquisa englobada dentro do proxecto 'Educación Social y COVID-19 en Iberoamérica: exclusión sociolaboral tras la pandemia y buenas prácticas para la inclusión'.
Este proxecto ten como obxectivo xeral, analizar as problemáticas de exclusión sociolaboral tras o COVID-19 en Iberoamérica (no noso caso específico, en España) que foron atendidas por educadoras/es sociais e recoñecer as boas prácticas para a inclusión. Todo iso coa finalidade de coñecer as situacións prioritarias de exclusión sociolaboral e as principais poboacións afectadas; estudar os recursos e programas principais das entidades públicas e privadas para a inserción sociolaboral; identificar elementos e factores de protección nos procesos de inserción sociolaboral; así como establecer indicadores de inserción e propostas de acción efectivas ou consideradas como 'boas prácticas'.
Todos estes elementos desenvolveranse nunha metodoloxía multimétodo tendo en conta unha mostraxe por conglomerados estratificados por rexións en cada país. Dese modo, os instrumentos que acompañan ao proceso son unha enquisa e un grupo de discusión (a informantes clave de cada país) no que participarán administracións públicas e entidades privadas (ONGs e empresas).