Presentación do libro 'Cómplices. A violencia machista institucional'

28 - 06 - 2023

Da man Grupo de traballo do Ceesg Fiadeiras, Iria Vázquez Silva e Sheila Fernández Míguez estarán connosco proximamente para presentarnos o libro Cómplices. A violencia machista institucional.
Elas son a coordinadora e unha das coautoras desta publicación, que bota luz sobre un aspecto da(s) violencia(s) pouco visible: a violencia que exerce o Estado a través das súas institucións sobre as mulleres que están en situación de violencia machista.
En Cómplices, a autora explora varios eidos institucionais e convida a outras autoras. Sheila Fernández Míguez (desde o eido xurídico), Olalla Villaronga Seoane (desde o eido rural), Lola Ferreiro Díaz (desde o ámbito sanitario) e Ana Martínez González e Fedra Alcaraz Ladrero (desde o ámbito da diversidade funcional) a completar o panorama dunhas institucións que deberían acoller e defender as mulleres violentadas polo machismo.

Data: 22 de xuño ás 19:00 h.

Lugar: Sede do Ceesg. Santiago de Comostela (ver localización)

Entrada libre.