FORMACIÓN: Aplicacións da teoría do apego en contextos socioeducativos

28 - 06 - 2023

Do 5 de outubro ao 2 de novembro desenvolvemos un curso, en colaboración con Psimática Aula Virtual, que ten como obxectivo introducir ás/aos profesionais na mirada relacional que proporcionan os principios da teoría do apego e sobre o trauma, de maneira que adquiran novas ferramentas prácticas tanto para facer unha análise máis rigorosa dos casos, como para situarse dunha maneira máis comprensiva e bentratante na relación coas persoas a quen acompaña.

Esta edición do curso é exclusiva para educadoras/es sociais colexiadas/os (tanto no Ceesg como en calquera colexio profesional integrante do CGCEES). O curso impartirase en castelán.
Tamén pode participar alumnado de Educación Social que estea de alta como Amigo/a do Ceesg, e figuras análogas doutros colexios pertencentes ao CGCEES.

Contidos

  • MÓDULO 1. Introdución á teoría do apego: conceptos básicos. De onde vimos?
  • MÓDULO 2. Aplicacións da teoría do apego segundo a perspectiva sistémica. Como se ve afectado o apego na relación cos demais?
  • MÓDULO 3. Coidado, autocoidado e autorregulación emocional. Como repercute o apego na relación co meu propio mundo interior?
  • MÓDULO 4. A mentalización como intelixencia dirixida ao corpo. Que nos di a teoría do apego respecto á nosa rede profesional?

O curso inclúe contido teórico especialmente escrito polo profesor para este curso, que poderás descargar en PDF; resumos de contidos do esencial de cada clase (descargable), un vídeo en cada clase que axuda a consolidar a aprendizaxe dos contidos; documentación complementaria (artigos, webs, etc.) a través dos cales afondar en distintos aspectos, e foros, onde alumnado e profesor compartirán espazo para aclarar conceptos, facer preguntas, achegar novos materiais, etc.

Ver dossier completo do curso (recolle detalladamente os contidos, así como información sobre a metodoloxía, comunicación co profesor, criterios de avaliación, etc.)

Ir ao formulario de inscrición

Datos básicos da formación:

  • Datas: do 5 de outubro ao 2 de novembro.
  • Modalidade: En liña.
  • Prezo: 185 euros.
  • Inscricións ata o 28 de setembro