Xurés Son. Festival musical e cultural

28 - 06 - 2023

O Xurés Son é un espazo de cultura popular e música, co que compartiremos espazo o vindeiro 1 de outubro, e que conta cunhas actuacións musicais que serán o peche perfecto para a primeira xornada da Convivencia Interuniversitaria e profesional de Educación Social.

Así, o sábado 1 de outubro poderemos disfrutar de varias actuacións en directo, comezando pola Homenaxe á muller rural, no que, ademais de proxectar a exposición ‘Bravas do Xurés’, actuarán varias educadoras sociais que tamén se dedican á música: Alicia González (Andasoa), Sara Álvarez e Selene Casal.
Despois, actuarán The Nunzias Rock Band e a Banda de Garda.
Para rematar esta parte musical, organizaremos un ‘Espazo DJ’ no que escoller a música, e o estudantado de Educación Social está facendo unha selección musical diversa e respectuosa con todas as diversidades, demostrando que podemos divertirnos sen estigmatizar nin cousificar.

Todas as actividades da tarde e o festival son de balde, pero ten en conta que haberá un suculento magosto, e que para poder saborealo hai que inscribirse previamente (10 € antes do 15/09 e 15€ despois)

Ver programa

Formulario de inscricións

Toda a invormación sobre a Convivencia na web do Ceesg