Obradoiros en liña gratuítos sobre familias reconstituídas e crises familiares
Froito da colaboración que vimos establecendo coa UNAF (Unión de Asociacións Familiares) proximamente levaremos a cabo dous novos obradoiros en liña para educadoras/es sociais colexiadas/os ou amigas/os do Ceesg. Ambos son de inscrición gratuíta e se retransmitirán vía zoom.
A familia reconstituída: un novo mapa de funcionamento.
- Data: 24 de novembro de 2022
- Horario: de 10:00 a 12:00 h.
Ir ao formulario de inscricións do obradoiro sobre familias reconstituídas
Crises familiares e primeiros auxilios psicolóxicos.
As crises familiares son acontecementos que implican unha ruptura da rutina familiar. Ben resoltas, poden ser unha gran oportunidade de aprendizaxe, pero en ocasións convértense nun reto infranqueable que pode derivar en situacións problemáticas.
Unha das formas de axudar e acompañar ás persoas en momentos de crise vital son os primeiros auxilios psicolóxicos, pautas e ferramentas para ordenar a axudar e así conseguir que a persoa se recupere canto antes.
- Data: 1 de decembro de 2022
- Horario: de 10:00 a 11:30 h.
Ir ao formulario de inscricións do obradoiro sobre crises familiares