Formación sobre o ISE e SEAF con módulo de protección de datos
O Informe Socioeducativo como ferramenta da Educación Social / Servizo de Educación e Apoio Familiar, con módulo de protección de datos.
Hai uns anos, o grupo de traballo do Ceesg aBeira asumiu o reto de desenvolver un modelo de informe socioeducativo que se configurase como un instrumento profesional para a recollida de información e o traballo de intervención realizado polas e polos profesionais da Educación Social, adaptándose á intervención socioeducativa en calquera ámbito de traballo. Este traballo, que contou coa colaboración de profesionais do sector e do eido académico universitario, tivo como resultado o modelo de Informe Socioeducativo (ISE) que actualmente está dispoñible para consulta e descarga na páxina web do Ceesg.
Hoxe continúa o traballo de aBeira para acadar a consolidación deste modelo como ferramenta básica das e dos profesionais da Educación Social en todos os ámbitos, así como a súa estandarización nos procedementos nos que se implican as administracións públicas ou outras entidades e institucións coas que se traballa en rede dende a nosa profesión.
Con este curso preténdese afondar na ferramenta para darlle o mellor uso por parte das educadoras/es sociais.
- Duración e datas: O curso desenvolverase do 14 de novembro ao 16 de decembro, cunha carga lectiva de 50 h.
- Modalidade: Realizarase en liña a través de plataforma de teleformación do Ceesg con varias conexións por videoconferencia, os mércores (16, 23, 30, 7 e 14) en horario de 17:00h -19:00h (horario pendente de confirmación definitiva).
- Persoas destinatarias: Profesionais da Educación Social colexiadas/os no Ceesg ou estudantes de Educación Social amigas/os do Ceesg.
- Cota de matriculación: Curso gratuíto.
- Data límite de inscricións: 11/11/2022 ou ata completar prazas.
- Nº de prazas: 30. (Será imprescindible activar o perfil de alumna/o na aula virtual na primeira semana do curso. Do contrario, a inscrición será anulada e disporase da praza para outra persoa que estea en lista de agarda, de ser o caso).
Ver información detallada do curso
Cupo de inscricións completado. Non se admiten máis inscricións.